Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

O CAN DE CASTRO LABOREIRO

melgaçodomonteàribeira, 09.06.20

(…)

A vista de páxaro do meu lugar de orixe – A Limia, en Ourense – vese o Larouco. Tamén se ven desde esse meu lugar os cúmios de Fonte-Fría e, situándose no medio da Antela, tan ruínmente expropriada, abesúllanse os montes de Castro Laboreiro. O topónimo leboreiro, anterior a laboreiro, repítese nas terras de Ourense passado o Rodicio, quere decir que había lugares inzadas de lebres?

Os que opinan que o can de Castro Laboreiro é un can hiperpuro, sen aportacións espúreas, manteñen que o lugar de Castro Laboreiro estivo illado durante séculos. Mais consta que o Castro Laboreiro estivo moi comunicado noutros tempos, aínda que a permeabilización debeu ser moi lenta. Pomos por caso que os de Celanova ían andando á Virxe de Peneda. Todos estes lugares caen dentro do Parque Nacional Peneda Xurés, primeiro parque nacional Portugués, que inclúe xentes e aldeamentos, cousa que no momento da criación (alá por mil novecentos setenta e un), éralles concepción vanguardista da naturaleza. Foi nesse recanto de protección administrativa máxima onde se formou unha raza única de can da que se conservaban moi poucos exemplares nos anos oitenta. Se pasaban de un cento, éralles milagre. A quen mais lle debemos a práctica salvación foi a Escola de Fusileiros que os utilizou de can policía ou de garda. E ó ineflable Padre Aníbal Rodrigues, oriundo do Mareco, cura da freguesia durante máis de cincuenta anos.

Os fuzileiros proporcionaron a mor parte de exemplares rexistados ós novos criadores que conformaron o núcleo fundador do C. C. C. L., Clube do Can de Castro Laboreiro. Pero agora os novos criadores dan o cú dende Lisboa á xente que mais vive os cans: os labregos de Castro. Algúns labregos aplicando as súas teses tradicionais estragaron a raza na orixe ó deixaren que as cadelas inzaran libremente co macho máis poderoso. Cecais lles era útil antes dos 90, mais desde a consolidación e apertura de novas estradas e o retorno dos emigrantes o can máis poderoso vén sendo calquera bastardo señorito. Onde antes só había unha raza, agromaron agora un feixe de modas.

 

Retirado de: ANAMAN-Cinofilia

Ler mais em:

www.anaman.org/cinofilia.html

145 - apccl.jpg