Saltar para: Post [1], Comentar [2], Pesquisa e Arquivos [3]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MENDÉZ FERRÍN, UM POETA ARRAIANO

melgaçodomonteàribeira, 23.04.16

24 a2 - mendez_ferrin.jpg

 

 

A ESPIRAL PERMANENTE: APROXIMACIÓN LITERARIA

Á FIGURA DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN

 

(…)

 

E en 1991 aparece, com pinturas de Francisco Leiro, a obra Erótica (Ourense: Eloy Lozano:1991), un cunxunto de oito composicións que abordan o tancorrer estacional do mundo de Eros, ao xeito de lúdica arte amatoria en estampas fragmentarias de unións e diálogos de amantes. Esta última obra presenta unha linguaxe rupturista e de collage en estreita comuñón temática com moitos dos motivos destes momentos, que encontramos tamén en boa parte dos poemas da serie “Buscalque”, “Despedida de Castro Laboreiro”, “En las orillas del Sar”, “Quais des Brumes” e “Sorga” publicada no Boletín Galego de Literatura (Mendéz Ferrín 1992: 150-154).

 

Retirado de: 

poesiagalega.org

 

 

DESPEDIDA AO CRASTO LABOREIRO

 

Eu, que nunca eu dixera, escado os cotos

do Crasto Laboreiro, moumo urces

e digovos que nada me conmove.

Sinto que a espada esta vencida e corva.

Morte que me morceas, non me asustas.

Os corgos seguirán onde adoitaban.

Outros homes virán onde eu vivira.

No Crasto Laboreiro há haber codesos,

carqueixas e herbas más descontra Gorgua

en canto o mundo siga a se-lo mundo.

O meu dó será lene bris de Outono,

e este adeus ás matérias e enerxías

en ningures será nunca lembrado.

 

Publicado por Bocanegra em 

longedecastrolaboreiro.blogspot.pt

 

Comentar:

Mais

Se preenchido, o e-mail é usado apenas para notificação de respostas.