Saltar para: Post [1], Comentar [2], Pesquisa e Arquivos [3]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

ACTAS I CONGRESO MEMORIA HISTÓRICA

06.05.15, melgaçodomonteàribeira

Montes Laboreiro

 

A REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA


ENTRE BRANDAS E INVERNEIRAS: REFUXIADOS E GUERRA CIVIL NA FRONTEIRA ENTRE OURENSE E PORTUGAL

 

Ángel Rodríguez Gallardo
IES Pazo de Mercé
Narón, 2003


Irene Rodríguez García, coñecida como A Pasionaria de Ferreiros, no concello de Entrimo, presa no cárcere de Bande máis de catorce meses, lembra que a represión foi terrible, porque na súa aldea había moita xente de esquerdas. O feito de que o seu irmán José desertase e fuxira a Portugal contribuiu o seu encarceramento, por ser o familiar “máis caracterizado”, segundo as disposicións estabelecidas polos militares golpistas. O alcalde republicano de Entrimo, Ubaldo González González, viuse na obriga de escapar á aldea portuguesa do Ribeiro, o mesmo que o seu irmán Ricardo, dependente de comercio en Bande, se ben este chegou a ser detido durante os primeiros días do alzamento. Posto en liberdade, un falanxista de Valoiro ofreceuse a levalo a Entrimo, posiblemente para acabar coa súa vida durante o camiño, ainda que aquel, avisado, eludiu a proposición. A policía portuguesa solicitou información sobre a actuación política dos dous irmáns, coñecidos por “Os Cabriteiros”, ás autoridades do concello de Entrimo, xa que sabían que se introduciran clandestinamente en Portugal coa intención de chegar a Lisboa e saír posteriormente a Francia.
Algúns dos fuxidos do concello de Entrimo e dos concellos limítrofes foron asesinados preto da Pena de Anamán, un morro de pedra cargado de lendas e historia que xa utilizaran como tobeira ó principio do século XIX unha cuadrilla de bandoleiros capitaneada por Tomás das Congostras. Tras pasar a aldea montañosa de Queguas está A Chan, unha chaira por riba dos mil metros de altitude transitada daquela por pastores galegos e portugueses. Nese enclave atópase un dolmen coñecido como a “Casa da Moura”. Tanto na Chan como na Casa da Moura os falanxistas mantiveron postos de control para evitar o paso de españois ás brandas portuguesas.
A mobilidade era fundamental para que os refuxios resultasen seguros, pero os refuxiados mantiñan lugares de referencia onde regresar se se alixeiraba a presión policial. No lugar fixo de Ribeiro de Cima concentráronse boa parte dos fuxidos do concello ourensán de Entrimo. Alí foron a parar, como xa dixemos, o exalcalde Ubaldo González González e o seu irmán, Ricardo, quen fora xuíz municipal, xa que o comercio e a fonda que rexentaron procuroulles unha extensa rede de coñecidos no país veciño –moitos dos cales lles devían cartos, dado o réxime de fiado que tiñan establecido– , especialmente na capital da freguesia, Castro Laboreiro, pero tamén nas inverneiras (Ameijoeira, Cainheiras), nalgúns lugares fixos (Ribeiro de Cima e de Baixo, Portelinha) ou nas brandas (Seara, Portos) veciñas. Aproveitando a migración anual dos habitantes das brandas e inverneiras, os fuxidos favorecéronse dos lugares que quedaban abandonados tras esa marcha. Outros preferiron como refuxio as illadas aldeas galegas do mesmo concello de Entrimo, como José González, concelleiro na última corporación republicana, que se agachou en varios lugares da aldea de Quegas.
A raia, a fronteira galego-portuguesa, terminou por desaparecer baixo da vixilancia exercida polas diversas policias. Nese territorio operaron desde o principio da guerra grupos de fuxidos e contrabandistas, axudados polos habitantes das brandas e inverneiras, que estabeleceron unha rede de axuda humanitaria, pero tamén económica, cos refuxiados, ós que lles recebían correspondencia, protexíannos do acoso policial ou, como tamén ocurriu, denunciábanos, colaborando así coa represión das forzas policiais.
Os refuxiados españois, conscientes de que a súa permanencia podía alongarse máis do esperable, optaron en territorio portugués por cinco formas de vida:

 - A vida campesiña, misturándose coa poboación local para a que realizaban traballos agrícolas ou gandeiros
- O contrabando
- Agacharse no monte cerca dos núcleos de poboación, trasladándose continuamente e compaxinando algúns dos dous modos de vida anteriores
- Agacharse mesturados coa población local, sobrevivindo gracias ós cartos propios
- Participar da rede de confidentes ou informadores das diferentes policías portuguesas

 

No primeiro semestre de guerra civil, o número de refuxiados españois na freguesía de Castro Laboreiro, se ben de xeito non estable, acadou, según testemuñas orais, unha cifra entre catrocentas ou oitocentas persoas, cifra que debeu convertirse nunha preocupación, especialmente para os falanxistas da zona que coñecián á perfección o territorio e mantiñan vínculos de intimidade com moitas das familias dos refuxiados, preocupación que finalmente acabarían asumindo as forzas represivas portuguesas, moi especialmente a PVDE.
Axiña comenzarían as batidas polas serras, polas brandas e polas inverneiras, na procura dos refuxiados. Os comandantes dos postos, especialmente o de Castro Laboreiro, reciben periodicamente ordes de manter unha rigorosa e persistente vixilancia. Algúns días despois amplíanse as ordes, que sinalan que se faga unha limpeza completa de tódolos estranxeiros indocumentados, malia que o número de fuxidos vai medrando ós poucos.

 

Retirado de:
www.memoriahistoricademocrata.org


(continua

 

Comentar:

CorretorEmoji

Se preenchido, o e-mail é usado apenas para notificação de respostas.