Sexta-feira, 8 de Março de 2013

O EXILIO GALEGO

 

 

 ACTAS DO CONGRESO INTERNACIONAL "O EXILIO GALEGO"

 

 

    No decurso dos dez últimos días de xullo de 1936, Galicia caeu baixo a bota do terror, converténdose nun dos territorios da República onde a represión franquista amosaría a súa face máis cruel e asañada dende o comezo  mesmo do conflicto……………………….

   Galicia non era zona leal para os franquistas, e en ningún caso se trataba dunha retagarda segura; os sublevados tiñan razóns para considerar que Galicia era, en boa medida, un territorio hostil.

   A fuxida cara a Portugal por via terrestre. Aí os exilalados tiñan pola súa vez que burlar a vixilancia tanto da polícia política (PVDE) como da Garda de Fronteiras do réxime salazarista. Estes corpos tiñan orde de deter a todos os españois “revolucionários” indocumentados e entregarlos á PVDE para proceder á súa expulsión. En troco, os carabineiros e Garda Civil adoitaban facer entrega de esquerdistas lusos radicados en Galicia e expulsos por indesexábeis.

   Os refuxiados galegos en Portugal puideron apoiarse ademais nas redes preexistentes de contactos transfronteirizos por elos de parentela, sociabilidade e reproducción social, cimentados ademais na emigración estacional – coma os existentes, por exemplo, no Couto Misto, entre a aldea de Castro Leboreiro e a zona de Bande, ou entre Monção e Salvaterra de Miño - , na alta cantidade de galegos residentes en Portugal, nos contactos propriamente políticos dos exiliados com opositores antisalazaristas (dende republicanos da Aliança Democrática Portuguesa ata os comunistas, os mellor organizados), na presencia de mestas redes de contrabandistas e colaboradores a ambos os dous lados da raia – do mesmo xeito que se formaron grupos de guerrilleiros arraianos -, ou na existencia na banda portuguesa da fronteira de persoas dedicadas a fornecer papeis e agachadoiro ós refuxiados en troco de diñeiro.

  Todas estas redes adoitaban cruzarse e seren usadas alternativa ou complementariamente por cada refuxiado na medida das súas posiblidades. Amósao así, sen máis, a andaina de Antón Alonso Ríos, entrado pola zona da serra da Peneda como fuxido en Portugal en xullo de 1938, agachado sucesivamente por pastores que mediaban cun comerciante de Melgaço que tiraba proveito da evasión de refuxiados, por coñecidos del en Arcos de Valdevez, por un comerciante de café republicano antisalazarista no Porto, e por un vello amigo seu de Tomiño emigrado en Lisboa. Finalmente, e depois de desbaratarse o plano de embarcar cara a Francia como polisón nun barco mercante, puido arranxar a obtención de papeis nos consulados arxentino e francês e embarcar a Casablanca, e de ali a Bos Aires, gracias a ter recibido dun amigo silledao da Arxentina documentos que lle permitiron suplantar a personalidade dun seu curmán morto no país austral. Alonso Ríos non debeu ser o único que recorreu a esta estrataxema. O diretor da PVDE informaba en Outubro de 1937 ó xefe de gabinete do Ministro luso do Interior “que bastantes foragidos espanhóis que se encontram clandestinamente em Portugal, principalmente nas montanhas de Castro Leboreiro, tem obtido da Argentina certidões de nascimento de outros indivíduos, com que, possivelmente, procurarão documentar-se em Portugal”.

 

RETIRADO DE:

 

htpp://consellodacultura.org/mediateca/extras

 


publicado por melgaçodomonteàribeira às 10:17
link do post | comentar | favorito

.mais sobre mim


. ver perfil

. seguir perfil

. 9 seguidores

.Setembro 2018

Dom
Seg
Ter
Qua
Qui
Sex
Sab

1

2
3
4
5
6
7
8

9
11
12
13
14

16
17
18
19
20
21
22

23
24
25
26
27
28
29

30


.links

.posts recentes

. PARADA DO MONTE

. DAVID DE CARVALHO

. A RIBEIRA QUE DEIXOU DE S...

. CASTELOS DE MELGAÇO, CAST...

. A GASTRONOMIA MELGACENSE

.pesquisar

 

.tags

. todas as tags

.subscrever feeds