Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

PERO SE FALAM COMA NÓS...

melgaçodomonteàribeira, 07.03.13

 

Festa da Cultura - Melgaço

 

É ISTO Ê O PORTUGUÉS…? PERO SE FALAM COMA NÓS!

 

 

Jesus Garcia Sousa, Luís Martín Agrelo, Cármen Alvarez e Isaac Forján

 

     

   No pasado mes de abril, grazas ao Proxecto Terra o alumnado do 3º e 4º da ESO realizamos unha excursión a Portugal, en concreto á vila de Melgaço. Durante o transcurrir da excursión tivémonos que comunicar en mais dunha ocasión cos portugueses e ofrecéusenos a oportunidade para comprobar que realmente non existe gran diferenza entre estas duas línguas irmás.

 

   A maioria dos orixinarios cós que falamos eran guías ou persoal da pousada polo que xa podían estar afeitos a tratar com galegos e sabían que non era conveninte falar moi rápido, pero de todos xeitos sempre se lles entendia case todo. Os portugueses son en xeral, xente moi aberta e simpática e en níngun momento a língua foi um obstaculo de entendemento. No caso dos guias en moitas ocasións parámonos a falar tranquilamente com eles sobre calquera tema e era neses momentos cando se facía máis presente a nosa uníon cultural e linguistíca.

   En particular unha guía contounos que nhuna ocasión viñeran a visitar Portugal un grupo de excursionistas vascos e que non se entendían case nada entre uns e outros, o que levou a gran cantidade de malentendidos.

   Pero cando saímos a rua e nos puxemos en contacto coa a xente de a pé vimos unha situación máis real e descubrimos que Melgaço podería facerse pasar case perfectamente por calquera vila galega. En practicamente todas as tendas te entendían perfectamente se lles falabas en galego e o mesmo pasaba na rúa se lle perguntabas a alguén.

   Como non fixemos ningunha gravación, transcribimos un texto dun dos escritores máis destacados da literatura portuguesa para que vexades que a comprensión é total.

 

                         Ao longe, ao luar,

                         No rio uma vela

                         Serena a passar,

                         Que é que me revela?

                         Não sei, mas meu ser

                         Tornou-se-me estranho,

                         E eu sonho sem ver

                         Os sonhos que tenho.

                         Que angústia me enlaça?

                         Que amor não se explica?

                         É a vela que passa

                         Na noite que fica.

 

                         Fernando Pessoa, 5-08-1921

 

   Depois de ler este texto déixase claro que apesar de algunhas diferenzas ortográficas o galego e o português son duas linguas moi unidas o que, ademais de nos ofrecer a posibilidade de relacionarnos con outra cultura, ábrenos a todos os falantes do galego as portas cara a unha gran comunidade, a lusófona.

 

 Retirado do site da Revista Aquis / Maio 2009

 

 Camborio Refugiado