Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

CASTRO LABOREIRO NA GUERRA CIVIL DE ESPANHA

melgaçodomonteàribeira, 07.03.13

 

Castro Laboreiro

 

   Algúns dos fuxidos do concello de Entrimo e dos concellos limitrofes foron asesinados perto da Pena da Anamán, un morro de pedra cargado de lendas e historia que xa utilizaran como tobeira ó pricipio do século XIX unha cuadrilla de bandoleiros capitaneada por Tomás das Congostras. Trás pasar a aldea montañosa de Quegas está A Chan, una chaira por riba dos mil metros de altitude transitada daquela por pastores galegos e portugueses. Nese enclave atópase un dólmen coñecido como a ‘’Casa da Moura’’. Tanto na Chan como na Casa da Moura os falanxistas mantiveron postos de control para evitar o paso de españois ás brandas portuguesas.

   A mobilidade era fundamental para que os refuxios resultasen seguros, pero os refuxiados mantiñam lugares de referencia onde regresar se se alixeiraba a présion policial. No lugar fixo de Ribeiro de Cima concentráronse boa parte dos fuxidos do concello ourensán de Entrimo. Alí foron a parar, como xa dixemos, o exalcalde Ubaldo González González e o seu irmán, Ricardo, quen fora xuíz municipal, xa que o comercio e a fonda que rexentaron procuroulles unha extensa rede de coñecidos no país viciño – moitos dos cales lle debian cartos, dado o réxime de fiado que tiñan estabelecido - , especialmente na capital da freguesia, Castro Laboreiro, pêro tamén nas inverneiras (Ameijoeira e Cainheiras), nalgúns lugares fixos (Ribeiro de Cima e de Baixo, Portelinha), ou nas brandas (Seara, Portos), veciñas. Aproveitando a migración anual dos habitantes de brandas e inverneiras, os fuxidos favorecéronse dos lugares que quedaban abandonados tras esa marcha. Outros preferiron como refuxio as illadas aldeas galegas do mesmo concello de Entrimo, como José González, concelleiro na última corporación republicana, que se agachou en vários lugares da aldeia de Quegas.

   A raia, a fronteira galego-portuguesa, terminou por desaparecer baixo da vixilância exercida polas diversas policias. Nesse território operaron desde o principio da guerra grupos de fuxidos e contrabandistas, axudados pólos habitantes das brandas e inverneiras, que estabeleceron unha rede de axuda humanitária, pêro tamén económica, cos refuxiados, ós que lles recibían correspondencia, protexiannos do acoso policial ou, como tamén ocorriu, denunciábonos, colaborando así coa reprezíon das forzas policiais.

   ……………………………………………………………………………

   No primeiro semestre de guerra civil, o número de refuxiados españois na freguesia de Castro Laboreiro, se bem de xeito non estable, acadou, según testemuñas orais unha cifra entre catrocentas ou oitocentas persoas, cifra que debeu covertirse nunha preocupación, especialmente para os falanxistas da zona que coñecian á prefeición o território e mantiñan vínculo………………………………moi especialmente a PVDE.

   ………………………………………………………………………………

   A PVDE sabe da presencia en Castro Laboreiro de vários refuxiados na inverneira de Cainheiras, lugar fixo de Portelinhas,etc. Os falanxistas españois introducíranse en território portugués com asiduidade desde as primeiras datas da sublevación, mesmo obrigando a intervencíon da Comandancia Militar de Ourense que se viu na necesidade de castigar preventivamente a eses elementos incontrolados.

   ………………………………………………………………………………

 

 

Texto completo em http://forodeentrimo.com.iespana.es/HISTORIA

 

Dá um salto à realidade da 1936, guerra civil, dos nossos vizinhos galegos e da solidariedade dos habitantes de Castro Laboreiro (freguesia) perante a adversidade de amigos de séculos.

 

 

http://forodeentrimo.com.iespana.es/HISTORIA

 

 

 

Camborio Refugiado