XAN DAS CONGOSTRAS
TOMÁS DAS QUINGOSTAS NO IMAGINÁRIO GALEGO
XAN DAS CONGOSTRAS
Bandoleiro mítico do que se asegura que estivo activo polo século XVI e seguintes, mesmo ata no século XIX. Para algúns era galego, nacerí en Pereira, o Entrimo (Ourense), e para outros portugués. Tralos seus roubos soía irse agachar á Pena de Anamán que está nos lindes de Galicia, na Serra do Leboreiro, pêro en térreo portugués. As súas victimas eran sobre todo os cregos e gostaba de curtarlles as orellas. Tamén se di que el e a súa banda foron reducidos nun lugar chamado A Picada.
Xan das Congostras e os seus compinches regresaban de roubar a rectoral de Terrachán. Os gardas esperábanos en Ferreiros trás dunha lata (entramado sobre o que se estenden as parras) e cando pasou Xan das Congostras e a súa cuadrilla por alí derrobaron a lata enriba deles e apresáronos a todos.
Na Pena de Anamán quedou memoria deste bandoleiro. Refítise unha lenda escrita sobre ele para que a lesen os camiñantes que por alí pasában e que dicía:
Os pobres non o tem
e os ricos non o dan;
quen quixer asentar praza
veña á Pena de Anamán.
Algúns engádenlle dous versos máis que serian:
con dous pesos diários
e un trabuco na man.
Próximo de á Pene de Anamán hai unha capela dedicada a Santa Ana e un dito:
Eu hei de subir ó céo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Senhora de Anamán.
BIBLIOGRAFIA
Risco, V., Geografia General del Reino de Galicia. Província de Ourense, (dirixida por F. Carreiras Candi), Casa editorial Alberto Martin, Barcelona.
Galicia Encantada
Enciclopédia de Fantasia Popular de Galicia
PARA RECORDAR A OBRA DE JOSÉ ALFREDO CERDEIRA
O TOMAZ DAS QUINGOSTAS EDIÇÃO DO AUTOR JULHO 2007
COM PREFÁCIO DE JOAQUIM ROCHA.
Camborio Refugiado