Saltar para: Post [1], Comentar [2], Pesquisa e Arquivos [3]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

PENA DE ANAMÁN

07.03.13, melgaçodomonteàribeira

  

Vista da Pena de Anamán

 

TOMÁS DAS QUINGOSTAS NO CANCIONEIRO

POPULAR DA BAIXA LIMIA

 

 

 

a canteira está ben dura

e témola que arrombar

iá ama do señor cura

la tenemos de matar

 

 

Conta o pobo que um célebre ladrón, o Tomás das Congostras, que no século XIX andaba por estas terras, foi unha noite com vários compañeiros a roubar a Reitoral de Lobeira; non poideran entrar pola porta e entón comenzaron a abrir un burato na parede e pra que o abade non ouvise o ruído que faguían, cantaban a cantiga trascrita namentras estaban na su a angueira. Iste inxenuo recurso nonlles valeu, xa que o crego espertou e comenzou a tiros coiles deica faguelos fuxir. Engade a lenda que anos despois o Tomás asaltou ao mesmo párroco na Reitoral de San Mamede de Grou, pra onde fora trasladado; colleuno entón e cortoulle as orellas namentras lle decía: ‘’Eiquí non estamos en Lobeira, señor abade’’.

 

os pobres non o tem

os ricos non o dán;

quen queira sentar plaza

saia á Pedra de Anamán

 

Esta cantiga refírese ao Tomás de Congostras. Dí a lenda que o Tomás era moi boi mozo e tiña a súa gurida na Pena de Anamán. Tales foran os seus delitos que a raiña de Portugal madóu unha partida contra il; a forza de o precurar atopárano e déronlle morte; pra xustificar o seu feitio, cortáranlle a cabeza e leváronlla á raiña, que en canto o ollóu dixo: ‘’Se soubera que era tan bo mozo nono mandaba matar’’. Esta cantiga servia pra indicar aos seus simpatisantes onde tiñen que iren pra se xuntaren á súa partida..

 

Texto copiado integramente de Cancioneiro Popular da Baixa Limia, Xoaquin Lorenzo Fernandez. Edita Deputácion de Ourense . 2004

 

 

Retirado de www.ourensebaixalimia.com

 

 

Camborio Refugiado

 

Comentar:

CorretorEmoji

Se preenchido, o e-mail é usado apenas para notificação de respostas.