Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MORNING STAR - XOSÉ MIRANDA

07.03.13, melgaçodomonteàribeira

 

 

TOMÁS DAS QUINGOSTAS NA LITERATURA GALEGA

 

 

 

   …………………………………………………..

   Unha, cantouma, coa música do cantar do arrieiro, Eleuterio Cebey, moinante das vellas familias que teñen a residencia de inverno por Coristanco e Carballo. Está enunciada no vello romanó da ambulância galega e di así …

 

      ‘’Son capitán de gavilla,

      teño gharse de baró,

      para chorar polos montes

      sem cangó de estaribó.‘’

 

   O cal traduzido a galego direito, reza:

 

      ‘’Son capitán de gavilla,

      teño caballo de señorito,

      para robar polos montes

      sem medo da prisión.‘’

 

   Segundo o Cebey, que estivo preso conmigo na cadea da Coruña, a copla fai referencia aos días nos que os moinantes galegos dirixían sociedades de malfeitores, ou gavillas, coas que aterrorizaban o país. A el cantáralla seu avó.

   Outra cántiga foime transmitida en Vilanova dos Infantes, por alguén que andou alugado ao contrabando nos principios do século. Reférese a un famoso capitán de ladróns do primeiro tercio de XIX, o Tomas das Congostras, do que se fala na novela de Miranda. Tiña o seu cuartel xeneral na pena de Anamán entre Queguas e Castro Laboreiro (entre ‘’Espanha’’ e ‘’Portugal’’) e xa outras cántigas co mesmo tema foran recollidas e publicadas anteriormente polo Xocas. Di así, en galego esta vez:

 

 

      ‘’Se queres a boa vida

      e se queres prosperar

      vem conmigo sentar praza,

      cá na Pena de Anamán.‘’

 

   Se vostede non ten inconveniente en facer unha viaxe aos lados violentos e crueis do pasado de Galicia, aventúrese por esta novela de Xosé Miranda. Gozará.

 

ESTE TEXTO FOI RECOLHIDO DE

 

WWW.XERAIS.ES/CATALOGOS/CUADERNOS_CRITICAS

 

 

A RECORDAR O TOMAZ DAS QUINGOSTAS DE JOSÉ ALFREDO CERDEIRA

 

 

Camborio Refugiado