Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

ROTEIRO DA PENEDA

05.03.13, melgaçodomonteàribeira

 

 Casa florestal - foto by pisaleiras

 

 

É difícil, por non dicer imposible, atopar en toda a xeografá galaicoportuguesa, un punto de encontro cun radio de atracción tan amplo coma esta terra. Dende Tui e Valença até Braga e Montalegre, ou mesmo dende Ribadavia e Celanova até Xinzo e Tourem. Calquera coñecedor deste médio limiano-transmontano pode dar fe de tal aseveración. Así foi e vai seguir sendo en anos vindeiros…

Sem chegar á bravura de tempos pasados, en que os nosos ancestres ían camiñando dende Bande ou a mesma Terrachán, a partir da metade dos anos noventa foise recuperando a vella tradición de facer, unhas veces a pé e outras andando, o camiño da Peneda.

Actualmente o arraiano medio de procedência limiá, acompañado ás veces dalgún que outro convidado estranxeiro, acostuma a coller o camiño á altura de Pereira (Pireira en idioma entrimeño). O camiño comeza a 700 metros de altitude, na devandita aldea de Pireira, transcorrendo nos primeiros dous quilómetros uns terreos com alternancia de terra e zonas empedradas com auga abundante en diversos puntos. Se o viaxeiro arranca o camiño de noite e com boa lua comprobará que a paisaxe circundante é mesmamente de western do oeste americano, com lobo incluido, se a sorte é doada.

Logo de meia hora de camiñata, albíscase no fondo o río Crasto Laboreiro, tamén chamado Olelas por moitos raiatos da parte galega. A opción de rodear os montes do Quinxo, por um camiño máis suave que pasa por Ribeiro de Abaixo, é mudada por moitos camiñantes pola vía dereita, baixando a cachón cara a Ribeiro de Cima. As pernas sufren mais pero o atallo é considerable. Ó cruzar o troiteiro río de Crasto aínda se escoita o estrondo da auga dunha interesante ficheira que hai cincoentos metros río arriba. Depois de que máis dun camiñante refrixere os pés no cruzamento do río, escomeza unha subida que continúa arredor dunha hora. En Ribeiro de Cima, aldeã invernea na que aínda se practica a transhumancia, sempre hai unha alma agardando para dar cobixo e ánimo ós viaxeiros. O idioma non é obstáculo, xa que esta xente é coñecida alá polo grande Porto co alcume de galegos. O pequeno descanso de Ribeiro, unha vez superada a abandonada casa florestal, dá paso a un serpenteo empedrado ascendente que ó longo de tres quilómetros nos transporta dos 600 até perto dos 1.100 metros de altitude, un ponto onde o panorama é espectacular. Deixamos os montes do Xurés ao fondo e, um pouco máis atrás, a serra do Larouco, e mesmo a imponente visión da Pena de Anamán, que inspirou o coñecido dito de “o probe non tem, o rico non dá…”. De seguida albiscamos as primeiras cabanas ou chibanas de pastoreo, moi abandoadas, e chega a hora do pequeno almorzo cando poñemos pé nas primeiras chairas. Deiquí en diante é mellor ter moito ollo co boi cacheno que garda e defende a abondosa cabana gandeira que anda solta polo lugar. Pequenas zonas lacustres fican atrás e o camiño vai sendo máis levadeiro. Moita atención no paso de Filgueira Ruiva, porque se imos de fronte seguimos cara a Lamas de Mouro; hai que virar á esquerda e, polo espazo de vinte minutos o carreiro non se distingue ben.

Ó alcanzarmos o coñecido coma o Curral dos Becerros o descenso xa é evidente, pois a menos de 300 metros agárdanos a sorprendente visual sobre o Val da Peneda. Deseguida a baixada se fai máis empinada, co conseguinte sofremento para os xeonllos. Un cuarto de hora e xa estamos na taberna da señora María, dando de baixa unha ducia de cervexas.

Co deber xa cumprido, o viaxeiro deixa atrás arredor de dezasete quilómetros e perto de catro horas de camiño. E a nosa señora da Peneda agarda por aquiles peregrinos máis devotos que se achegan coas súas inquedanzas até as portas do ateigado santuario. A aldea da Peneda conforma un contorno espectacular e imponente com centos de anos de tradición , anos nos que a fe popular a esta virxe sobreviviu, na compaña das súas outras seis irmás virxes. O percorrido merece a pena para novos e menos novos, e incluso para os amantes da borga e da festa nocturna arredor do máis ancestral, improvisado e variado folclore galaicoportugués.

Con moi bo critério, o concello de Entrimo está a recuperar nestes últimos anos o sano costume de facer un percorrido inesquecible por este fermoso roteiro arraiano de fe no futuro.

 

Lino Perdiz, de corazón raioto.

 

Honestamente desviado de www.arraianos.com

por

Camborio Refugiado