Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

CASTRO LABOREIRO E O CINEMA

melgaçodomonteàribeira, 10.12.16

133 - cast lab documentário.jpg

   

CASTRO LABOREIRO

UN DOCUMENTAL DE RICARDO COSTA, 1979

 

Xulio Medela

“Há mais poesia num grão de realidade do que no cérebro dos poetas"

Marcel Mauss

 

As terras arraianas do Laboreiro son eterna fonte de inspiración fílmica. De Lobos da serra a Viagem ao princípio do mundo, pasando pola mítica A cruz de ferro, non é estraño que Ricardo Costa tivese reparado neste universo para crear aquí un dos catro filmes que produciu para a serie da RTP O homem montañes.

Doutor en letras pola Universidade de Lisboa, e depois dunha primeira etapa como editor e investigador de textos sociolóxicos, Ricardo Costa logo se tornou realizador, guionista e produtor, inseríndose plenamente no movemento denominado ‘Novo Cinema Português’, sendo un dos máximos representantes do subxénero coñecido como ‘docuficción’ ou ‘etnoficción’ inspirado directamente pola obra do antropólogo francês Marcel Mauss e do etnocineasta Jean Rouch.

Castro Laboreiro foi proxectado publicamente, se cadra pola primeira vez, nas xornadas que cada agosto organiza o Núcleo de Estudos e Pesquisas dos Montes Laboreiro. Cunha duración de 85’, Costa articula o filme en tres partes: “Inverneiras”, “Transumâncias” e “Brandas”, que reflicten con exactitude (ainda que con certo manierismo, no estilo de António Jorge Dias en Vilarinho das Furnas) o modus vivendi e operandi dunha comunidade en dificilísimo equilíbrio cunha hostil contorna natural, sendo a emigración a consecuencia lóxica desa constante perda de equilíbrio en favor da ‘montaña’ e en detrimento do ‘homem’.

Ricardo Costa realiza unha obra non exenta dun fondo sentido poético, mesmo con momentos de abstracción. Coñecedor da obra de Mauss, o filme aparece ‘impregnado’ de sentido etic, en que a expresión pura, científica e núa da realidade prima sobre calquera intención ou propósito, mesmo o de ‘preservar’ un modo de vida condenado á extinción irremediable. De aí a extrema calidade desta obra.

Este filme, cheo de encanto, é unha marabillosa xoia que resulta da loita entre cinema directo e tentativa ficcional. Recomendamos encarecidamente o seu visionado e agradecemos aos xerentes do Núcleo de Estudos e Pesquisa dos Montes Laboreiro a súa laboriosa e complicada localización e recuperación e a oportunidade que tivemos de poder gozar dun produto cultural trás do que había tanto tempo que andabamos.

 

Retirado de:

 www.academia.edu/6875499/_Montes_Laboreiro_Palmilhando_uma_raia_carregada_de_séculos