Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

O SOÑO DE DYLAN BOULAS

melgaçodomonteàribeira, 08.07.15

Em Castro Laboreiro

 

POLA SERRA DO LABOREIRO


20:00 Ducha e paz no Miradouro do Castelo. Ceamos sopa de legumes, cabrito asado e viño verde. Tentamos disimular, pero sentímonos vixiados por un tipo con pinta de guerrilleiro checheno, que se fai pasár por mecánico. Vencémolo a grolos, a 210 por hora en curva. E Dylan Boulas sonã con:
Xan o Longo e o Principiño se Sisán, que fuman ópio subidos a un megalito de xeo. Hai un concerto no alto do Castelo. Aparece Shane McGowan desdentado e abaneando. Hai un mapa, unha illa rodeada de alcohol e un tesouro. Pero o mapa está nas mans do Padre Aníbal, que é atacado polos lobos da sotana dourada, que sempre aparecen cando hai bos concertos no Viking’o. Coas unllas negras de Xan o Longo, os animais recúan, pero o balbordo da batalla non me deixa pegar ollo. O Padre Aníbal recoméndanos deixar a misión e pasar do destino e das vacas.
Eu subsonõ, dentro da desfeita, que son un Ranger Arraiano com poderes, e que nada me detén, nin Franco nin Salazar. O yhea, son o Gran Xefe dos Marcos da Fronteira.

A idea de facer terapia arraiana pola Serra do Laboreiro foi espantosa, para ben e para mal (coma en portugués). Espantosamente boa ou mala.
“Que ninguén me desperte, quero soñar para sempre”, beroulle Dylan Boulas aos do Grupo Municipal de Intervéncion Rápida cando nos quixeron desaloxar da casa de Mago Ferrín, onde estivemos durmindo tres días e tres noites, amarrados a unha faria mal pagada do nosso bardo arraiano. Dende a torre de Vilanova dos Infantes, o Padre Aníbal botounos unha prisciliánica beizón e desapareceu para sempre cos seus papeis. Voltaremos.

 

O Ranger Arraiano

 

Retirado de: Arraianos 4 Outono 2005

 

http://www.arraianos.com/arraianosIV_web.pdf