Saltar para: Post [1], Comentar [2], Pesquisa e Arquivos [3]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

TRANCOSO DUM LADO E VARXAS DO OUTRO

melgaçodomonteàribeira, 03.08.13

 

 Vale do Trancoso

 

TRANCOSO DUM LADO E VARXAS DO OUTRO

 

 

 

   A man dereita de Penagache e da Basteira está outra chapa pero, pêro esta vez pequeniña e natural, que eu lle poño a toda aquela fartura de monte fermoso e forte: unha pena que na Foresta, xa portuguesa, nom me deixa ver desde a miña terraza as terras do Mosteiro de Fiães, boa pedra que ten diante un par de carvallos de sete estalos. Decátome de que precisei que a Foresta xa é portuguesa e aproveito para recordar que a raia, seca ou mollada, que separa Galicia e Portugal é a raia mais artificial e gratuita que hai na Europa na que as rais esvaecen ou, cando menos, amolecen.

   Volta para Galicia deixandose caer pola aba da Foresta ata o Trancoso, tamén coñecido como Varxas, un regato pequenecho no verán, pero unha enchente furiosa no Inverno. Tem troita boa, pero pequena e digo ten e non sei se non teria que dicir tiña, porque hai anos que lle non fago as beiras e xa sabedes que os ríos andan moi estragadiños porque os cabróns e a merda industrial, agrícola e mediopensionista inzan e rufan mais da conta. O Trancoso un pouco mais arriba de São Gregório e Ponte Varxas ten unha poza, A Carpinteira, que non vos la conto: o mellor é que a vaiades alá e vos chimpedes nela.

 

 

DE RÍOS E RAIAS

Juan J. Moralejo Alvarez

 

Revista Arraianos

 

www.arraianos.com/arraianos_baja_res(1).pdf

 

Comentar:

Mais

Se preenchido, o e-mail é usado apenas para notificação de respostas.