Saltar para: Post [1], Comentar [2], Pesquisa e Arquivos [3]

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

MELGAÇO, DO MONTE À RIBEIRA

História e narrativas duma terra raiana

UN CAN NA PENEDA

25.06.13, melgaçodomonteàribeira

 

Peneda – 1913

 

 

A ROMERIA DE NOSA SEÑORA DA PENEDA

 

 

   O dia 6 de agosto erguinme moi cedo para facer a romeria de Nosa Señora da Peneda, camiñando a través das poulas, das gramas, das gándaras; pólos cotos onde pacen, ceibes, as vacas piscas.

   Ía eu na compaña dos meus pais e mais duns cantos da miña aldeã de Casardeita, incluído o abade, aos que, axiña, se xuntaron outros camiñantes de Leirado que levaban a mesma rota. Estabamos moi ledos todos nós. Eu gozaba aquelas vacacións escolares como nunca gozara outras.

   Chegados ao santuario, após de longas horas de duro andar, instalámonos nunhas leiriñas de aló para pasarmos o día e sentirlles cantar o vira ás voces delgadas da raia, que parece que se che espetan na alma.

   A mamai fora ás misas e o papai presentoume dous señores. Un era baixote de barbicha arroxada, careca, que vestía uniforme e resultou ser o Capitán da Guarda Fiscal de Melgaço. O outro, mais mozo, ollos claros e prominentes, alto e de bigote ralo, chamábase João de Sousa Mendes; foime fulminantemente simpático e puxémonos a ligar unha improvisada conversa sobre o saudosismo. Desempeñaba, este segundo señor, as funcións de profesor de Primaria en Castro Laboreiro.

   Pois ben, cando Sousa Mendes se inclinaba para deixar no riacho a folla de bacallau de mollo para o xantar, mentres asobiaba ledamente a Marcha Turca de Mozart, foi agredido por un animal enorme. Un can negro coma o demo que o trabou na gorxa e o deixou morto instantáneo sen que ningún dos presentes fose capaz de lle facer separar as queixadas. Só se detivo o bruto, que era da raza enxebre daquelas serras, cando o Capitán o abateu a tiros da sua arma regulamentar.

   Pouco antes do ataque e de tan terribel morte, o infortunado Profesor, ledamente sorprendido polas miñas afeccións literarias, tan excepcionais ou escasas nos países da raia, entregárame, cun sorriso tímido que lle suliñaba a pouca espesura do bigote, un manuscrito narrativo intitulado O Castelo das poulas, que tirou ao efecto dun peto do seu casaco. Comprobei, na altura, que o Profesor ía moi perfumado. Tales papeis son os que repruducín anteriormente de modo literal, ainda que lixeiramente modificado o texto pola transcripcíon galega.

   Con todo, conservo, melenconicamente, o orixinal en português por se algún esprito cursidoso quixese contrastar. Escuso decer que o luctuoso feito diu moito que falar no estraño triángulo cuxos vértices se sitúan en Celanova, Montalegre e os Arcos de Valdevez.

 

(Castelo)

 

Retirado de:

 

Revista Arraianos

 

http://www.arraianos.com/Arraianos%20n1%208-2004%20Web.pdf

 

Comentar:

CorretorEmoji

Se preenchido, o e-mail é usado apenas para notificação de respostas.